Este roteiro lineal duns 12 quilómetros de lonxitude ida e volta, conta entre os seus puntos de interese cunha elevada concentración de monumentos funerarios megalíticos, petróglifos, un singular foxo do lobo e até unha pequena lagoa (sen auga agora mesmo).
E que ten de especial este foxo do lobo? Trátase dun foxo en cruz, non habitual nesta zona. A súa estrutura presenta catro muros en forma de cruz que converxen nun pozo ou buraco circular onde se lle daba caza ao lobo.
Todo o camiño está limpo excepto os derradeiros metros até o foxo do lobo e o propio foxo, lamentablemente. Así e todo, o acceso non é imposible e dá para facerse unha idea da súa forma. A sinalización é practicamente inexistente polo que vos deixo o meu track no Wikiloc cunha pequena variante para non facelo completamente lineal. Conta cunha subidiña para ir que se convirte en baixada para voltar, nada de grande dificultade. Espero que vos guste! 

