Monte Pindo e miradoiro da Moa.

Este roteiro circular, de 10 quilómetros escasos de lonxitude, sobe ata o cumio do Monte Pindo, A Moa, con unha altitude de 627 metros e unhas vistas que vos deixaran sen alento. Podemos destacar a panorámica sobre o val e a espectacular praia de Carnota, o cabo de Fisterra ou a ría de Corcubión.
Durante o camiño poderemos desfrutar tamén do Monte Peñafiel e de sorprendentes formacións rochosas coma o xigante da mina ou a cova da Xoana.
Debo advertirvos de que conta con pendentes ascendentes e descendentes case de xeito continuado, e que a vexetación é abundante e pouco agarimosa (moito toxo especialmente 🤣). A sinalización é boa pero algunha xa non é visible con facilidade. Aínda así recoméndovos este roteiro encarecidamente. Sen lugar a dúbida, figura entre os meus favoritos 🥰.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *