Este mosteiro fundado no século XII comezou a súa andanza con doce monxes aínda que non tardou moito en chegar a haber cento seis.
Hoxe en día está considerado Ben de Interese Cultural e funciona como hotel e lugar de eventos.
Conserva na súa fachada un espectacular cruceiro do creador do impresionante tamén cruceiro de Hío, José Cerviño.
Entre outras actividades, unha das principais fontes de ingreso dos monxes que antes alí habitaban, proviña do comercio do xeo.
As neveiras de Fixó, en Millerada, pertencentes ao mosteiro de Aciveiro e en uso durante os séculos XVII e XVIII, son un conxunto formado por dúas neveiras de pranta circular (similares a un pozo), e a casa do neveiro, encargado da colleita e depósito da neve .
Están situadas na serra do Candán, a máis de 800 metros de altitude, e de inicio eran empregadas para uso propio aínda que despois estableceuse un comercio activo de neve para a conservación de alimentos e ata para fins terapéuticos.
Contan cun diámetro na súa boca de máis de sete metros e unha delas ten unha profundidade superior a oito metros. Son visitables durante todo o ano, a pé, iso si, e forman parte dun roteiro cunhas impresionantes vistas entre outros atractivos.









