Mosteiro de Monfero. Concello de Monfero.

Tanto se visitades as Fragas do Eume coma se estades de paso pola zona, recoméndovos encarecidamente facer un oco na vosa axenda para achegarvos a coñecer esta xoia cunha orixe que se remonta cando menos ao século X.
Pese a súa grande magnitude, perceptible xa na distancia, actualmente só é visitable a igrexa. Conta con tres claustros e, nas súas inmediacións, rodeando ao mosteiro, podemos ver un muíño antigo e um pombal.
A súa visita é gratuíta e podedes confirmar o seu horario de acceso en internet na época na que vaiades. Déixovos alén de unhas fotiños, un enlace a un vídeo de youtube para que vexades as dimensións e os claustros a vista de paxaro.
Espero que vos guste! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *