Mosteiro de San Miguel do Priorato de Bóveda

É ben certo que cada vez que penso que xa poucas cousas me poden sorprender sempre aparece algo que o consegue, e non para ben desta vez.
Hoxe visitei a zona de Amoeiro e entre outros lugares achegueime a ver o Mosteiro de San Miguel do Priorato de Bóveda.
Este templo románico, de entre os séculos X e XII, pertencente ao clero nas súas orixes, sufriu varias “modificacións” durante a súa historia.
Tras a desamortización, a igrexa pasou a mans privadas e o seu propietario no ano 1949 destruíu a súa ábside para vender varios elementos procedentes da mesma.
Seica algúns deles se atopan nunha casa familiar na zona de Vilar de Astrés tratándose de pezas procedentes do exterior da ábside. E outra parte deles conforman a portada dun negocio ubicado na rúa de Zamora, número 130, en Ourense (tenda de antigüedades Casa Ros).
Levo preguntándome dende a primeira vez que vin a portada deste negocio de onde sairían esas pezas e hoxe cando souben a resposta non daba creto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *