E aquí vai outro descubrimento desta semana. Falando de roteiros e lugares que quedaron no abandono cunha paciente miña, comentoume que debía visitar o que resta deste mosteiro antes de que desapareza totalmente entre a maleza.
Está ubicado na Ribeira Sacra, preto de Castro Caldelas. Visto dende enriba cando te vas achegando pola estrada parece inmenso. A mágoa é que a parte visitable é moi pequena. Da malamente para rodealo por unha das beiras. E efectivamente ten moita maleza dificultando o paso cara adentro ademáis de estar pechado por outros accesos.
Foi construído no século XII e abandonado trala desamortización de Mendizábal á que hai que sumarlle os espolios que sufriu no século XX e que o levaron ao estado actual.
A igrexa foi reformada no século XIV pero aínda conserva elementos románicos orixinais. Dignas de ser vistas son as quimeras dun capitel ás que se lle pode botar un ollo facendo algúns malabarismos 

.
Déixovos algunhas fotiños que puiden sacar e tamén vos propoño dous roteiros que saen dende aquí. Un deles duns 5km e o outro de 15km. Os dous son circulares e sendo a Ribeira Sacra é practicamente imposible que non sexan dignos de ser percorridos.







