Mosteiro de San Paio de Albeos. Concello de Crecente

No lugar de Mosteiro, na parroquia de Albeos, atopamos o que resta dun antigo mosteiro de finais do século X, testimonio da arte románica na diócese de Tui e mandado edificar como lembranza do martirio do sobriño do propio obispo de Tui.
Polo visto, este foi capturado por Abderramán III (primeiro califa de Córdoba) trala derrota do rei Ordoño II na batalla de Valdejunquera. A liberdade do obispo foi cambiada por algúns reféns, entre os que se atopaba o seu sobriño que, con tan só dez anos de idade, estivo en prisión máis de tres anos ata que finalmente foi martirizado ao negarse a convertirse á relixión musulmá.
Este mosteiro funcionará posteriormente como convento, sendo habitado por monxas benedictinas e quedando baleiro no ano 1504. A desamortización de Mendizábal tampouco é que axudara moito a súa conservación e posteriormente á mesma, esta construcción pasa a mans privadas.
A día de hoxe podemos ver o que resta dunha construcción cuadrangular, unhas columnas decoradas con motivos vexetais e un tímpano con decoración románica. Non é moito pero paga a pena achegarse se estades preto. Como curiosidade, direivos que a igrexa parroquial de Albeos foi construída con material deste mosteiro! 🧐

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *