Mosteiro de Santa María de Melón. Galicia.

Na comarca do Ribeiro atopamos este impresionante conxunto monástico, incorporado á orde do Císter no ano 1142, e que chegou a ser non só un dos máis grandes de Galicia, senón de toda a península.
Conta con dous claustros, o principal e o reglar. No principal atopábase a Cela Abacial, e no reglar dependencias coma a cociña, o refectorio, o coro, a sala capitular e o dormitorio, con biblioteca e calefactorio. O dormitorio alto tiña 23 celas e o baixo outras trece, alén das 6 correspondentes ao noviciado.
A desamortización supuxo o seu abandono ata o estado realmente ruínoso no que se atopa, cheo de maleza e con pezas variadas dispersas no seu interior. Desgraciadamente, o seu título coma Ben de Interese Cultural outorgado xa no ano 1931, non lle valeu de moito. Non está permitida a visita ao seu interior actualmente.
Preto do mesmo tedes as pozas de Melón e a fervenza do Tourón, os hórreos de Quins e do Casal e o Coto da Man da Moura!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *