Mosteiro de Santa María de Montederramo. O Camiño do Monxe. Etapa 7. De Montederramo a Castro Caldelas. Ribeira Sacra. Galicia.

Declarado Ben de Interese Cultural no ano 1951, este mosteiro cistercense é un dos máis importantes da Ribeira Sacra.
Ubicado ao norte da Serra de San Mamede, ten a súa orixe no século XII, aínda que sufriu importantes reformas posteriores nos séculos XVI e XVII. Conta con dous claustros, o regular e o da hospedería, que pasaron a mans privadas trala desamortización. A igrexa aínda conserva o cadeirado do coro do século XVII e un retablo maior barroco de grande valor.
Como curiosidade, dicir que o 21 de agosto de 1124 foi asinado o documento máis antigo do que se ten constancia no que figura o nome do que hoxe coñecemos como Ribeira Sacra, que casualmente é o escrito fundacional do Mosteiro de Santa María de Montederramo. E como segunda curiosidade, parece ser que o emprazamento deste mosteiro primitivo non se corresponde co do mosteiro actual 🤫.
Ahí vos quedan unhas fotiños do seu exterior á espera de poder facer unha visita guiada que me permita amosarvos un pouquiño máis 🤗.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *