Mosteiro de Santa María de Montederramo. O Camiño do Monxe. Etapa 7. De Montederramo a Castro Caldelas. Ribeira Sacra. Galicia.

Se o outro día vos achegaba parte da historia desta xoia da Ribeira Sacra e unhas fotos do exterior, hoxe volto á carga coas do interior e algunhas curiosidades máis.
Polo visto, dos dous claustros cos que conta, un deles pertence á Xunta e era onde se atopaba o colexio do lugar até que pechou as súas portas xa fai máis dunha década por falta de nenos. O outro pertence a mans privadas (e a varias), o que está facendo un pouco máis complexo o seu arranxo coma é debido.
Faláravos xa do cadeirado, pois ben, vale máis unha imaxe do que mil palabras! Do século XVII, presenta dúas alturas, respaldos enmarcados por columnas talladas e coroado con 46 esceas do Antigo e Novo Testamento. Déixovos foto do antes e do despois.
O retablo maior, do século XVII tamén, ten unha altura de nada menos ca 15 metros e é o primeiro e o derradeiro retablo barroco de Galicia feito en altorrelevo. Como vedes, a visita é máis do que obrigatoria. O prezo son 3 euros, pódese reservar a través de internet, a guía é maravillosa e ten un amplo horario de visitas. Máis facilidades non se poden dar!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *