Normalmente adoito facervos unha breve descripción de cada lugar que comparto con vós, pero penso que este mosteiro é digno de moito máis ca iso. É un imprescindible da nosa Ribeira Sacra e visita obrigada se se anda pola zona. A capela, a fachada do Mosteiro, os seus claustros, os antigos fornos e hortas. Mergullarse na súa historia e imaxinarse todo o alí vivido anos atrás.
E non nos quedemos no Mosteiro en si. Na aldea podemos ver aínda a que era a casa de audiencias e a antiga casa do médico, así como seguir o percurso até o chao da forca, onde se levaban a cabo os axustizamentos da Santa Inquisión despois dunha longa peregrinaxe do reo polo camiño da amargura (hai un roteiro perfectamente sinalizado de gran interese e beleza paisaxística denominado así).














