Mosteiro de São Salvador de Bravães. Ponte da Barca. Portugal

A igrexa parroquial de São Salvador de Bravães é o que resta dun antigo mosteiro citado xa como tal no século XI e que quedou reducido a igrexa no século XV. A súa construcción débese a D. Vasco Nunes, acaudalado home da época de Afonso VI de Castela e León, que a finais do século XI fundou aquí un mosteiro benedictino.
Está considerado un dos monumentos románicos máis notables debido a súa densidade escultórica. A súa excepcionalidade no románico do Norte de Portugal queda máis que patente no seu pórtico.
Clasificado como monumento nacional dende 1910 e incluído na Rota do Românico do Norte de Portugal, é un lugar de obrigada visita nestas terras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *