Pertencente ao concello de Vigo e aos pés do Monte Galiñeiro, nun entorno natural totalmente privilexiado, para visitar este fermoso conxunto podemos deixar o noso vehículo na estrada PO 331 en dirección Vincios a Porriño. Dende ahí, nuns centos de metros, podemos visitar a través dun roteiro ben sinalizado estes dous muíños ademáis do encoro de Zamáns.
A súa magnitude impresiona nada máis achegarse. O primeiro dos muíños, o de Maquías, alén de desempeñar a súa propia función, tamén era empregado como vivienda do muiñeiro. Ámbolos dous muíños correspóndense coa tipoloxía máis empregada en Galicia, a de roda motriz horizontal ou rodicio.
O de Maquías era de dúas moas mentras que o de Seoane era dunha soa. Os dous eran muíños de cubo e compartían a súa infraestructura hidráulica.
No ano 1960, uns metros máis enriba, construíuse o encoro de Zamáns, que roubou as augas a estes fermosos muíños.
Este conxunto etnográfico, aínda que pode visitarse chegando a el practicamente en coche, forma parte do sendeiro GR-53 que decorre polos límites do concello de Vigo, ofrecendo a través de 40km unhas fermosas vistas da cidade e da súa ría.
E remato cun poema que atopei cando procurei información sobre este muíños.
“No muíño fan cantigas, no muíño fan concellos, no muíño fanse amores e contan contos os vellos.”








