Á beira da estrada OU-1202, no concello de Muíños e á altura dunha área recreativa que conta co que semella ser unha antiga amasadora de pan, atopamos o comezo dun curto pero fermoso sendeiro con gran valor etnográfico.
O primeiro en captar a nosa atención serán dúas pontes antigas, unha ao pé da outra, que permitían o paso antes de existir a estrada actual. Acompañando á Corga de Muíños augas enriba, veremos un número considerable de muíños aos que esta abasteceu en tempos pasados.
O traxecto é lineal e coido que debe andar en torno a un quilómetro a ida. Non ten perda ningunha e o camiño está accesible agora mesmo.
Espero que vos guste! 

