Este conxunto de 67 muíños que cobren as ladeiras do Campo do Couto, declarados Ben de Interese Cultural, pódense visitar mediante un roteiro circular que parte do aparcamento habilitado para tal fin ao carón dos mesmos.
A distancia a percorrer son sobre 4km por un sendeiro ben sinalizado e limpo. É moi despexado e ten algo de pendente co cal non recomendo facelo nas horas centrais do día en verán se fai moita calor pois, aínda que non son moitos km, é todo tan fermoso que pode levar unhas dúas horas disfrutar de cada recuncho.
Aínda que este foi o roteiro que fixen eu, investigando descubrín que hai posibilidades de ampliar esta ruta enlazándoa con outros camiños da zona.
É unha visita obrigada 










