Museo etnográfico de Vilarinho da Furna. Campo do Gerês. Portugal.

Son varias as rutas que parten ou pasan por este museo, entre elas o Camiño da Geira e dos Arrieiros e tamén a GR-50. Pero debo dicir que a miña recomendación é a súa visita con tempo e detemento. Aínda que conta con tres espazos ben diferenciados, un relativo a esta aldea sumerxida hoxe en día nas augas do encoro, outro sobre a Geira, e un terceiro sobre a propia Serra do Gerês e a súa formación, hoxe vou compartir con vós un pouco máis sobre Vilarinho da Furna.
Situada entre as serras amarelas e do Gerês, próxima ás confluencias do Ribeiro das Furnas co río Home, esta aldea estaba rodeada de campos agrícolas e hortas, sendo a principal actividade dos seus habitantes o pastoreo e a agricultura. A présa, inaugurada o 14 de maio de 1972, sumerxiu completamente a aldea e case toda a súa área agrícola, obrigando así aos seus habitantes a trasladarse a outros lugares.
O museo ten un horario de apertura que podedes consultar por internet e un prezo de 3 euros por persoa. No seu interior conta cunha pequena tenda con libros de interese sobre a rexión. Eu non puden resistir a tentación! 😍
Aquí vos deixo unhas fotos do propio museo, outras antigas que nel se albergan e algunhas que tiven ocasión de facer fai uns anos das ruínas que normalmente permanecen baixo as augas e a présa.
Espero que vos gusten! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *