O camiño da Geira e dos Arrieiros – De Pazos de Arenteiro a Beariz

Cuns case 20 quilómetros de lonxitude, este tramo parte de Pazos de Arenteiro, considerado Conxunto Histórico- Artístico dende 1973 e con unha historia documentada de mil anos. É totalmente obrigatorio visitar cada rincón deste espectacular lugar, que contará cunha entrada propia nesta páxina ❤️.
O camiño dirixiranos cara Salón, onde apreciaremos a beleza das súas construccións máis antigas, e dende ahí ata San Miguel de Albarellos, onde descubriremos toda a historia que agocha alén da súa igrexa barroca.
Atravesando a aldea de Distriz e a capela de Paredes, co seu fermoso retablo, acadamos o lugar de Feás, que conta cunha gran importancia documentada ao longo de miles de anos. A través dunha foresta de piñeiros, chegamos ao punto máis alto da etapa, comezando o descenso que nos adentrará nun fermoso bosque autóctono ata ir dar á aldea de Magros. Cun patrimonio arquitectónico e etnográfico admirable, aínda que mal conservado, teño que recoñecer que me impactou especialmente pola súa beleza a pesar da súa decadencia. E voltando á foresta, terminamos o noso camiño en Beariz.
O roteiro conta predominantemente con pendente ascendente, máis paulatina nalgúns casos e máis acentuada en outros. Do quilómetro 3 ao 7 ten lugar a máis abrupta, e do quilómetro 11 ao 16 ten lugar a segunda máis pronunciada, aínda que de menor desnivel que a anterior. Ningunha delas require de técnica pero ollo, que conta cun desnivel positivo de máis de mil metros!!!
A etapa está bastante ben sinalizada, pero aínda así recomendo o apoio co track oficial, e o camiño en boas condicións.
Desfrutádea! 🤗

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *