O camiño da Geira e dos Arrieiros – De A Estrada ata Pontevea

Con pouco maís de 13 quilómetros de lonxitude, partiremos da praza da Constitución de A Estrada, na que veremos a casa do Concello, deseñada no ano 1904 por un arquitecto vigués, e tamén un monumento ao peregrino. Un pouquiño máis adiante un chamativo cruceiro que nos encamiñará cara un bosque variopinto, estreitos cursos de auga, antigos muíños e camiños pintorescos que nos levan ata a Igrexa de San Pedro de Toedo e o seu fermoso cruceiro.
E continuando o noso percorrido, desfrutaremos da Capela de Nosa Señora de Aranzazu e o seu cruceiro, de verdes prados e amplas panorámicas que nos conducirán ata a xoia de Pontevea, a súa impresionante ponte de seis arcos, de orixe imprecisa, e que une as provincias de Pontevedra e A Coruña atravesando as augas do río Ulla.
Os camiños son bos, están limpos e ben sinalizados, a excepción da propia vila de A Estrada que carece de sinais. Esta etapa non ten grandes desniveis nin dificultade técnica, de feito ten tendencia a baixada durante todo o percorrido.
Espero que vos guste! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *