Como vos contaba cando dei comezo a este camiño, os seus 240 kilómetros aproximados de lonxitude poden dividirse entre 10 e 26 etapas, o que o fai apto para case todos os públicos
. Dado o meu escaso tempo libre, o moito que enredo coa xente e as fotografías, e a altura de ano na que nos atopamos, con días curtos e climatoloxía desfavorable, resolvín levalo a cabo en 15 etapas divididas do seguinte xeito:
1. Braga a Caldelas
2. Caldelas a Terras de Bouro
3. Terras de Bouro a Campo do Gerês
(aquí tamén fixen a alternativa sen baixar a Terras de Bouro continuando ata Campo do Gerês)
4. Campo do Gerês a Portela do Homem: por realizar aínda pero prevista para esta semana!
5. Portela do Homem a Lobios: por realizar aínda!
6. Lobios a Castro Laboreiro: por realizar aínda!
7. Castro Laboreiro a Cortegada: por realizar aínda!
8. Cortegada a Ribadavia
9. Ribadavia a Pazos de Arenteiro
10. Pazos de Arenteiro a Beariz
11. Beariz a Soutelo
12. Soutelo a Codeseda
13. Codeseda a A Estrada
14. A Estrada a Pontevea
15. Pontevea a Santiago: será coa que teño pensado rematar este camiño!
A falta de cinco delas por levar a cabo, vou compartir con vós algunhas fotiños dos meus lugares favoritos ata agora. Espero que vos gusten! 

