O camiño da Geira e dos Arrieiros. De Braga a Caldelas

Con pouco máis de 18 quilómetros, esta etapa é a primeira deste Camiño de Santiago. E para empezar forte, partiremos da catedral de Braga, que xa é merecedora dunha visita a fondo por sí mesma, ao igual que o resto da cidade que contará con unha entrada propia nos vindeiros días.
Serán as rúas antigas da cidade as que nos levarán cara outras xoias coma a Igrexa de São Jerónimo de Real, a Ponte do Bico sobre as augas do río Cávado e o que resta dun impoñente muíño antigo, o mosteiro de Rendufe e fermosas quintas, petos de ánimas e murais ata chegar a Caldelas, punto final deste tramo.
Os camiños son bos, aínda que a sinalización é un pouco confusa en puntos concretos. Esta etapa non ten grandes desniveis nin dificultade técnica, de feito ten tendencia a baixada e practicamente a súa totalidade é por camiño asfaltado.
Espero que vos guste! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *