Cada vez sodes máis os que me pedides que vos recomende un Camiño de Santiago, e a miña resposta é sempre a mesma. O meu corazón pertence ao da Geira e dos Arrieiros. O porqué? É sen dúbida algún un camiño con mooooita historia, xa que fai uso do primeiro tramo do trazado da antiga calzada romana que comunicaba Braga con Astorga (Vía Romana XVIII ou Geira) e tamén da ruta medieval que os “arrieiros” empregaban para transportar o viño do Ribeiro a Santiago de Compostela. É imposible percorrelo e non imaxinarse como sería un día calquera nese camiño moitos anos atrás.
Pero se non consigo comprarvos coa súa historia, fareino sen dúbida algunha coa súa variedade e beleza paisaxística! E é que atravesa o Parque Nacional Peneda-Gerês en Portugal, e xa en Galicia o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés e a comarca do Ribeiro. Superádeme iso!
Non é un camiño doado, nin conta cos mesmos servizos e comodidades de outros. Pero é un camiño que dá paz, tranquilidade, que alimenta a alma e o espírito e que te fai conectar co que te rodea e tamén contigo mesmo. 

