O camiño da Geira e dos Arrieiros. De Caldelas a Campo do Gerês.

Alternativa da etapa 2 seguindo o Camiño da Geira.
Contábavos cando vos describín o tramo que fixen desta etapa, que existía á altura do quilómetro 10 aproximadamente, unha bifurcación que nos permitía tomar camiño cara Terras de Bouro, da cal vos falei xa, ou continuar cara Campo do Gerês a través do antigo trazado romano seguindo o Camiño da Geira, que vos vou describir hoxe.
Nesta alternativa pasaremos pola Milla XVI, XVII, XVIII e XIX cos seus correspondentes miliarios e descubrindo entre medias a capela e o peto de ánimas de Chorense.
Pintorescos camiños, abruptas caídas de auga, densos bosques, fermosas panorámicas e algún que outro cabalo silvestre, serán os nosos compañeiros de ruta ao lonxo deste trazado de sete quilómetros de lonxitude ata enlazar novamente co provinte de Terras de Bouro e encamiñarnos cara Campo do Gerês.
Estes quilómetros carecen practicamente de desnivel e de dificultade técnica algunha, excepto a cantidade de auga en épocas de choiva. De feito mollei os pés de cheo hoxe!!!
Iso sí, pagou a pena! Espero que vos gusten as fotos correspondentes a esta alternativa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *