Neste tramo partiremos de Caldelas, que nos sorprenderá coas súas augas termais e a Igrexa de Santiago. A través dunha subida paulatina alcanzaremos as impresionantes ruínas da antiga fábrica de Real, a capela da Nosa Senhora da Boa Viagem e a aldea de Santa Cruz; onde conectamos co trazado da Geira. Preparádevos, primeiros miliarios á vista!
Abandonamos o asfalto e tamén a subida para desfrutar deste antigo camiño romano ata preto do quilómetro dez, onde unha bifurcación nos ofrece a posibilidade de continuar polo camiño da Geira ou cara Terras de Bouro. Neste caso concreto, dirixirémonos cara Terras de Bouro comezando un descenso por veces abrupto que, a través de fermosas quintas, capelas e petos de ánimas, nos deixa na vila.



























