O Camiño da Geira e dos Arrieiros. De Castro Laboreiro a Cortegada.

Partindo da vila de Castro Laboreiro, con grande patrimonio histórico e arquitectónico, chegaremos á fronteira da man dos impoñentes penedos da planicie de Laboreiro, de pintorescos sendeiros e de aldeas con encanto como Portelinha. Será a partir de aquí, cando o asfalto se convertirá no camiño predominante, agasallándonos con fermosas panorámicas nunha primeira parte e densos bosques de piñeiros a continuación.
Lapela, Monterredondo e Vilanova da Barca son algunhas das poboacións que coñeceremos do lado galego, tamén as capelas de Portela e a de San Xusto, chegando así ata Cortegada co río Miño de fondo.
Esta etapa de pouco máis de 27 quilómetros, conta con subidas puntuais predominando a baixada no seu perfil, que non sempre é boa e tende a acumular auga en certos puntos. Os camiños están limpos pero a sinalización é deficiente nalgúns encontros.
Espero que vos guste! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *