O Camiño da Geira e dos Arrieiros. De Lobios a Castro Laboreiro.

Partindo da vila de Lobios, comezamos o noso camiño a través do Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés, onde atravesaremos Feira Vella, Entrimo, Ferreirós e A Pereira por pintorescos sendeiros que nos achegan á fronteira, rodeándonos de espectaculares formacións rochosas e adentrándonos no territorio do Parque Nacional Peneda-Gerês.
Xa no lado portugués, coñeceremos a vila de Ameijoeira, a ponte da Cava da Velha e a ponte e os muíños da Assureira, para rematar a nosa andaina na animada vila de Castro Laboreiro. Todo isto a través de paisaxes engaiolantes, singulares penedos e panorámicas sen igual.
E como sempre hai un pero, direivos que esta etapa duns 21,5 quilómetros, conta con varias subidas constantes e pronunciadas. Iso sí, paga moito a pena, hai que dicir que é unha das miñas favoritas. Todo o camiño está limpo, en bo estado, ben sinalizado e a día de hoxe pásase sen problema a pesar das últimas choivas.
Espero que vos guste!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *