O camiño da Geira e dos Arrieiros. De Portela do Home a Lobios.

Esta etapa duns 13,5 quilómetros, adéntranos en terras galegas onde descubriremos restos romanos coma a Mutatio de As Mouruás, algún que outro miliario e a mansión romana de Aquis Ogerisibus. Tamén valioso patrimonio etnográfico nas aldeas de Vilameá, Pazos e a propia vila de Lobios.
Acompañarannos no noso percorrido, espectaculares paisaxes coma a que nos ofrece a caída de auga da Corga da Fecha, a foresta do Parque Natural do Xurés, a paz do río Caldo e as impactantes panorámicas da serra co encoro de Lindoso ao fondo.
Todo o camiño está limpo e ben sinalizado, aínda que recomendo evitalo en épocas de choiva, xa que tende a acumular auga e pode resultar esvaradío. Conta cunha baixada paulatina prolongada, un tramo sen apenas desnivel, unha subida mantida de dous quilómetros e unha derradeira baixada ata alcanzar Lobios. Vamos, que hai de todo!
Encantaravos! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *