O camiño da Geira e dos Arrieiros. De Terras de Bouro ao Museu Etnográfico de Campo do Gerês.

Contábavos cando vos falei do segundo tramo desta ruta, que dende Caldelas a Campo do Gerês se nos ofrecen dúas alternativas, unha delas seguindo a Geira Romana e a outra pasando por Terras de Bouro, que é a que nos ocupa hoxe. Pois ben, vou comezar dicindo que vos mentalicedes para a subida. Todo o tramo completo, que conta cuns 16 quilómetros de lonxitude, tende ao ascenso, pero no caso dos primeiros e dos derradeiros quilómetros é moito máis pronunciado.
Dende a nosa saída de Terras de Bouro e pasando por Moimenta, levaranos uns dous quilómetros e medio alcanzar o punto de unión coa alternativa que vén da Geira Romana, para continuar por esta vía da milla XX á XXVII pasando por Covide, ata o Museu Etnográfico de Campo do Gerês, que merece unha visita con detemento e do que vos falarei máis adiante.
A sinalización deste tramo é mellorable nalgún punto concreto e os camiños están transitables a pesar de levar auga nesta altura de ano e ter algún toxo e silva rebeldes que piden conversa así como ramas de árbores que deduzo que caeron cos fortes ventos de días atrás.
E aquí unhas fotiños! Espero que vos gusten! ❤️

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *