O camiño da Geira e dos Arrieiros – De Beariz a Soutelo de Montes

Con case 13 quilómetros de lonxitude lineal, este tramo parte de Beariz, que sorprende ao camiñante coa súa Igrexa de Santa María, a súa ben conservada eira con canastros e as súas construccións máis antigas. Estas levarannos ata a área recreativa de Barcia onde o Rego de Ponte Pedriña embelesa co decorrer das súas augas. Bosques de carballos e piñeiros serán os nosos compañeiros ata Pardesoa, aldea na que destaca especialmente a Igrexa de San Bieito, o seu cruceiro e unha fonte e escudo doados e ubicados fronte o templo.
E a través dun tramo asfaltado desta vez, coñeceremos O Sixto e o seu fermoso lavadoiro cunha pequena caída de auga detrás do mesmo e, continuando pola estrada, chegaremos ata Soutelo de Montes, que nos recibe co seu cruceiro e monumento aos gaiteiros do lugar, e que é punto final desta etapa.
Todo o camiño está limpo, en bo estado e ben sinalizado. Poderedes repoñer forzas tanto en Beariz como en Soutelo de Montes. Este tramo conta cun desnivel paulatino e suave no que as subidas e baixadas non son pronunciadas e carecen de dificultade técnica. En días soleados ou no verán carece practicamente de sombra, dqto a ter en conta.
Espero que vos guste! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *