O Camiño do Monxe. Da Fábrica da Luz a Parada de Sil. Ribeira Sacra. Galicia.

Con pouco máis de 20 quilómetros de lonxitude, esta etapa condúcenos a través da ruta do Canón do río Mao PR-G 177 polas fermosas pasarelas de madeira coas que rematamos no tramo anterior. Seguiremos á beira do río sen apenas desnivel ata enlazar co camiño de Barxacova a Rabacallos, que nos deixará na ruta de Santa Cristina PR-G 98, e a cal seguiremos até practicamente o final.
Os principais atractivos desta etapa? Sen lugar a dúbidas as engaiolantes paisaxes que nos ofrecen miradoiros coma o do Curral do Penso, os famosos Balcóns de Madrid ou o do Castro. E como non, o mosteiro de Santa Cristina, a maior xoia arquitectónica deste tramo e un dos meus lugares favoritos da Ribeira Sacra. Pasaredes por moitos soutos de castiñeiros, estreitos sendeiros, camiños empedrados e dúas subidiñas mooooi considerables. Avisados quedades! Iso sí, todo esforzo paga a pena para desfrutar destas maravillas!
Queda coma sempre o meu track de ruta a visa disposición no perfil decaboarabo en Wikiloc e no Sports Tracker. 🤗

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *