Hoxe vou compartir con vós este roteiro sobre o que levo un par de días investigando e que ten mooooitas papeletas para ser o próximo que leve a cabo
.
Circular e de 140 quilómetros de lonxitude total, está dividido en 7 etapas que non sobrepasan os 22 quilómetros por día e que nos achegan á Ribeira Sacra máis auténtica. Ahí vos deixo os puntos de inicio e fin de cada unha delas.
Etapa 1. De Castro Caldelas ao albergue Fábrica da Luz.
Etapa 2. Do albergue Fábrica da Luz a Parada de Sil.
Etapa 3. De Parada de Sil a Santo Estevo.
Etapa 4. De Santo Estevo a Esgos.
Etapa 5. De Esgos a Maceda.
Etapa 6. De Maceda a Montederramo.
Etapa 7. De Montederramo a Castro Caldelas.
Comparto con vós unha imaxe do percorrido no mapa que podedes atopar na propia páxina web deste camiño, así coma toda a información sobre o roteiro e os servizos cos que conta.
Se algún de vós xa a fixo e se anima a darme algún consello será sempre benvido. E senón, xa vos irei contando! 



