O Camiño dos Faros. Costa da Morte. Galicia.

Hoxe cando abrín as miñas redes sociais, a primeira publicación que me saltou foi unha cun “ranking das 15 rutas máis bonitas de España”. E sabedes cal era a primeira? Este camiño de nada menos que 200 quilómetros, que nos leva por cada máxico recuncho da costa da morte dende Malpica até Fisterra. Dividido en 8 etapas oficialmente, aínda que eu recomendaría prolongalo un pouco máis para poder desfrutalo con calma, pasa por aldeas e vilas mariñeiras, praias idílicas, sendeiros do máis variados e ofrece unhas panorámicas inigualables.
Fai pouco fixen o “Trilho dos Pescadores”, en Portugal, e fostes varios os que me preguntastes con cal dos dous me quedaría. Pois ben, co Camiño dos Faros para o verán e o Trilho dos Pescadores para calquera época que non sexa o verán! Con esa non contabades, eh? 🤪
No caso do Camiño dos Faros, alén da dificultade derivada do esforzo físico que pode conlevar para quen non adoite traballar eses terreos ou quilometraxes, a climatoloxía non é a nosa amiga a maior parte do ano. Non obstante, paréceme un roteiro perfecto para esta tempada. A temperatura non acostuma ser elevada nesa zona (iso sí, ollo co sol porque queima igual) e sempre corre algo de vento, algo… ou moito!
Ahí vos quedan unhas fotiños por se lle estades dando unha volta! 🤭

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *