Xa vos falei deste territorio e da súa historia fai un tempo, pero para aqueles que non tivestes ocasión de ver esa publicación, comparto o enlace á mesma por se vos interesa botarlle un ollo.
Por fin está nas miñas mans o libro “Couto Mixto. Unha república esquecida” de Luís Manuel García Mañá e Xurxo Lobato. Xa tivera ocasión de ollalo fai un tempo e paréceme moi interesante, con moita información contada dun xeito ameno e fermosas fotografías. Totalmente recomendable! Así que feliz coma unha perdiz coa miña nova adquisición!
Contareivos coma anécdota, que os que me coñecen dende pequena, din que sempre se recordan de verme cun libro na man, e hai cousas que non cambian. O meu lugar favorito sempre é a natureza, e o segundo estar entre libros! 























