O foxo do lobo do Salas e a Casola do Foxo. Concello de Muíños.

Non é a primeira vez que vos falo destas estructuras, símbolo da loita entre o home e o lobo dende moitos anos atrás. Pois ben, neste caso preséntovos este foxo de cabrita situado no Val do Salas, antesala dos míticos Picos de Fontefría que presiden maxistralmente a Serra do Xurés.
Consistente nunha construcción pétrea circular de máis de dous metros de altura, coroada con capeas que voaban lixeiramente cara o interior, facilitaban a entrada do lobo na procura do animal vivo que era colocado dentro como reclamo (de ahí o nome de foxo de cabrita). Non obstante, debido a esta estructura, a saída era imposible e posteriormente o lobo convertíase en víctima dos humanos.
O outro modelo común de foxo é o de converxencia, no que era precisa unha batida para conducir ao animal entre longas paredes ata precipitalo nun profundo buraco onde era capturado.
Á beira do foxo do Salas podemos ver tamén a Casola do Foxo, monumento funerario con cámara poligonal que pode adscribirse ao Megalítico Pleno (3800-3300 AC). Este é tan só un exemplo de todos os que podemos atopar neste val.
Espero que vos gusten! 🤗

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *