O martelo arreboladizo e o Señor do Larouco. Concello de Cualedro

Non me diredes que hoxe non vos traio algo cando menos curioso 🤪. E esperade a ler a explicación. Contan os veciños da aldea da Saceda que os mouros que habitaban estas terras anos atrás, lanzaban un martelo dende a Igrexiña dos Mouros ata a Cidá da Saceda e, dende aquí, volvíano guindar ata o Madorriño e outra vez novamente ata a Cidá de San Millao.
Este martelo do que fala a lenda pode ter a ver coa ferramenta coa que aparece representado o altorrelevo do coñecido como Señor do Larouco, que apareceu na Igrexa Parroquial de Vilar de Perdizes (Portugal). Posiblemente se trate dun deus prerromano que exhiba dous atributos que foron moi valorados dende a antigüidade: a virilidade e a destreza no manexo do martelo de guerra ou da fragua.
Cualedro é un concello con moito máis que ofrecer e o que paga a pena adicarlle unha visitiña con tempo dabondo! 😍

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *