Especialmente vinculada ao entroido está a figura do Meco, elemento peculiar da cultura popular e festiva de Galicia pero, sabedes cal é a orixe desta personaxe? Polo visto existe unha lenda no Grove que sitúa, séculos atrás, a un home con este alcume provinte do seu apelido (D. Juan de la Meca).
Según uns era cura, según outros señor feudal ou seminarista. O caso é que era especialmente temido polo seu abuso de poder, sobre todo do dereito de pernada! Fartos dos seus excesos, di a historia que o pobo arremeteu contra él colgándoo dunha figueira e dándolle morte así entre todos.
E cal non sería a miña sorpresa cando atopei, de xeito totalmente casual, unha cita que fai referencia a tal personalidade no relato de Frei Martín Sarmiento, recollido na súa obra “Viaje a Galicia” do século XVIII!!!
Comparto con vós unha foto dun mural da Pantalla, personaxe principal do entroido de Xinzo de Limia e considerado un dos máis antigos, longos e auténticos de Galicia. E tamén a miña firme intención de aproveitar este ano para descubrir algúns dos entroidos máis emblemáticos e tradicionais de zonas raianas. Acéptanse todo tipo de suxerencias!!!

