O museo Man de Camelle.

Ubicado no peirao de Camelle e inaugurado no ano 2015, atopamos este museo que protexe, conserva e difunde o legado artístico e persoal de Manfred Gnädinger, máis coñecido coma Man, o alemán de Camelle.
Chegou a esta localidade no ano 1961 con tan só 25 anos. Construíu a súa propia casa, de minúsculas dimensións e nunha zona rochosa alonxada do pobo, e viviu en total comuñón coa natureza mentras desenvolvía a súa obra artística, a cal non tardou en ser motivo de interese e curiosidade entre todo tipo de público.
Debuxos, colaxes, esculturas, cadernos manuscritos e fotografías forman parte do seu legado. Pero tamén unha colección de nada menos que 2481 libretiñas, ordenadas por Man cronoloxicamente, e que mostran a evolución do artista.
A parte superior do museo está adicada aos naufraxios acontecidos nestas augas. O horario do mesmo varía en función da altura do ano e o prezo é de un euro moi ben invertido!
Aquí vos deixo un pouquiño da súa vida. Espero que vos guste ❤️.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *