O namoro de Inés de Castro e Pedro I. Mosteiro da Alcobaça. Portugal. 

Moitos de vós xa coñeceredes a historia que hoxe vos achego, pero se non é o caso, con certeza que vos vai sorprender. Inés de Castro, nobre de procedencia galega nada en Monforte de Lemos no ano 1325, chegou a Portugal polo ano 1339 como dama de compañía da que sería a esposa de D. Pedro, o futuro rei de Portugal que perdería totalmente o sentido por esta galega.

 

Despois de numerosas tentativas de separalos por parte de seu pai, o rei Afonso IV, trala morte da súa muller, Pedro decide vivir a súa historia de amor con Inés, chegando a ter catro fillos en común con ela aínda que o seu casamento non foi posible.

 

Pero este non foi un exemplo do “viviron felices e comeron perdices” porque, aproveitando unha ausencia do futuro rei, seu pai ordeou matar a Inés. A vinganza non tardou en chegar e, sen enredarme moito máis no asunto, direivos que Pedro I proclamou a validez do seu casamento con Inés, coroouna raíña de Portugal despois de morta, obrigando a nobres e cortesáns a que bicaran a súa man momificada, e mandou construír un monumento fúnebre acorde ao amor que lle tiña e que se atopa no mosteiro da Alcobaça. Fronte a esta obra de arte, mandou construír a súa propia sepultura, xa que nunca máis quería estar lonxe dela. ❤️

 

#decaboarabo #galiza #Galicia #portugal #alcobaça #mosteiroalcobaça #PedroInfante #PedroI #inesdecastro #Reis #amor #túmulos #Sepulturas #curiosidades #historia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *