O Pazo de Lourizán. Pontevedra

Ubicado nuns espectaculares xardíns de nada menos que 54 hectáreas, atopamos esta casa señorial de aire romántico e obra de Jenaro de la Fuente Domínguez, quen levou a cabo unha reforma integral da edificación existente previamente a principios do século XX. Destaca a súa fachada con esa gran escalinata de corte imperial con balaustrada e custodiada por fermosas estatuas de mármore branco.
Nos seus xardíns podemos apreciar un pombar do século XV que se cree que pertencía á antiga granxa que alí existía,un gran invernadoiro modernista de ferro de principios do século XX, varias fontes dos séculos XVII e XVIII, un gran hórreo, edificacións variadas que se datan no século XVIII, un muíño de auga, un lagar e unha mesa de 6 metros de longo dunha soa peza extraída dunha roca da Illa de Tambo.
Tamén conta con preto de 700 especies vexetais de tódolos continentes, especies exóticas e centenarias tales coma carballos, castiñeiros, bidueiros, cipreses, araucarias, cedros, magnolias, camelios… Ademáis, cada inverno, nos seus xardíns, florecen unha importante colección de camelias.
Este pazo está incluído na ruta da Camelia, así como o Pazo da Saleta en Meis, Pazo Quinteiro da Cruz en Ribadumia e o Castelo de Soutomaior.
É unha visita obrigada se andades preto. É gratuíto e perfecto tanto para días de sol coma chuviosos xa que as súas enormes árbores protexerante da auga. Non defrauda! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *