Sabido é que Galicia é lugar de mitos e lendas e, entre eles, vouvos falar hoxe do Portalén
. Considerado un lugar de encontro cos finados, non é infrecuente atopar nas inmediacións deste interesante conxunto ofrendas aos defuntos. Cando eu fun puiden ver candeas, unhas pulseiras e outros obxectos persoais.
Según contan, se cruzas a porta de norte a sur cunha ofrenda e fas unha pregunta ás ánimas, serás agraciado coa resposta que procuras. Pero ollo, hai que saír no mesmo sentido para non deixar a túa alma no alén e nunca contar a resposta
. Como vedes non é todo tan doado!
E ao carón podedes ver o Marco do Vento, un impresionante menhir duns tres metros de altura no que se di que conflúen as forzas do universo
.
É posible chegar en coche ata o lugar por camiños de terra, concretamente polas pistas que levan aos eólicos. E tamén dando un agradable paseo dende A Barcia do Seixo. Para que non vos queixedes de que non hai opcións
.
Xa me contaredes se sentistes algunha enerxía especial. Eu teño que dicir que cando cheguei aló caíume unha granizada que non me esquecerá nunca. E non fun a única que me mollei, como podedes ver nas fotografías 
.





