O Porto. Ruta Norte Portugal.

O Porto é outro dos lugares que forman parte deste roteiro de 777km ao longo de diferentes estradas nacionais. Os que me seguides habitualmente, xa vos daríades conta que as cidades non son o meu forte porque, xa sabedes, a cabra tira ao monte 🤪. Pero Oporto é diferente, ten algo que a fai especial, única.
Conserva a súa esencia nas rúas estreitas do casco vello, nos seus edificios antigos, nas tendas centenarias, nas tradicións e nas súas xentes, que te fan sentir coma na casa. A súa historia está presente en cada recunchiño da cidade. E iso por non falar da súa gastronomía, patrimonio e oferta cultural e de ocio infinitas.
Podo dicir que visitei esta cidade unha farta de veces e de cada unha descubrín algo novo! Hoxe comparto con vós algunhas fotiños á espera de que vos gusten 🥰.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *