E se chove? A miña resposta máis habitual é “que chova”
. Pero hoxe vouvos recomendar unha excursión para facer en coche se fai mal tempo. Senón a gastar a zapatilla eh 
Oímbra – Baloiço de San Caetano – Soutelinho da Raia – Vidago
Comezamos visitando a Igrexa de Santa María de Oímbra ao lado da cal está a Cadeira Azul. Seguindo dirección Vidago, sen apenas desviarnos, podemos visitar a Silla da Ramallosa, tamén en Oímbra,e a capela de Soutelinho da Raia, xa en Portugal.
Vidago é unha freguesía do municipio de Chaves, con pouco máis de 1700 habitantes, que coñecín fai un par de anos e que me deixou realmente sorprendida por varias razóns.
A súa estación termal foi a preferida da corte portuguesa no século XIX. E tamén son apreciadas as súas augas na mesa, sendo embotelladas dende 1886 e distribuidas por todo o país.
E como lles pasou a moitas vilas termais, unha parte do seu esplendor quedou no pasado, deixando de ser o lugar de moda da clase alta portuguesa.
Exemplo disto son as ruínas do Hotel Salus, inaugurado no ano 1918 e destruído en 1967 por un incendio. Contaba con cen habitacións luxosamente decoradas e un balneario perfectamente equipado.
Outro exemplo desta decadencia é o que resta do Hotel Avenida, que abriu as súas portas no 1910 contando con 80 luxosas habitacións, e pechando definitivamente no 1997.
Tamén está o Grande Hotel Vidago, o primeiro co que contou a vila, inaugurado en 1874 con 50 cuartos e máis de 40 empregados.
Daquela época consérvase o Vidago palace, mandado construír polo rei Carlos I e que abriu as súas portas en 1910 e conta con 5 estrelas actualmente.
Merece unha visita obrigada a Fonte do Campilho, onde foi explorada esa auga mineral gasocarbónica dende o ano 1882, sendo desa época o impoñente palacete.
Espero que o disfrutedes 



















