Os dolos de Morás. Concello de Xove

Corría o ano 1975 cando se proxectou a fábrica de aluminio na zona de Xove e San Cibrao, sen contar nun primeiro momento coa creación dun porto. Esta obra levaríase a cabo máis tarde e correría a conta dunha agrupación de empresas.
Debido á urxencia do momento para a posta en marcha do complexo industrial canto antes, realizouse un concurso de proxecto e obra e a proposta dos diques de dolos foi a gañadora, xa que resistían mares moi enérxicos debido a súa forma xeométrica e o tempo de execución era inferior. Máis do 70% do presuposto foi destinado á fabricación destas estructuras de formigón.
Os dolos eran pezas recentemente desenvoltas en África do Sur e empregadas en diques coma o de Sines, en Portugal, con 42 toneladas, ata entón os máis grandes do mundo. Pero os de Morás baterían todo tipo de record previo!
O manto de dolos estaría formado por estructuras todas elas iguais. Durante os tres anos escasos da construcción dos diques no porto, fabricáronse 18000 dolos de 50 toneladas, os maiores do mundo! Estes dolos foron distribuidos no dique sur (8938), no dique norte (7848) e na protección das esplanadas (449).
Foron máis de 200 as persoas que chegaron a formar parte da plantilla para a súa fabricación e 160 o número máximo de dolos que se colocou por día.
Ao seu carón podemos ver os denominados “acantilados de papel” e pasearnos entre as súas curiosas formacións rochosas. O lugar non defrauda! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *