Os pombais

A presenza deste elemento nas nosas terras galegas remóntase a etapas históricas anteriores xa á Idade Media. Debido á escasa rendibilidade económica da pomba, estas estructuras quedaron reducidas a pazos, mosteiros, rectorais e casas grandes polo xeral aínda que hai excepcións.
Os que quedan soen localizarse en lugares altos e secos, resgardados do vento e orientados ao nacente ou mediodía. En moitas ocasións atópanse en lugares afastados para que o ruído non perturbe a súa calma.
Aínda que a maioría deles son de planta cilíndrica tamén podemos atopalos de planta cadrada ou rectangular ou con outras formas como veredes nas fotografías seguintes.
Os niños do pombal soen ser un conxunto continuo de nichos formados por catro lousas ou pezas de pedra que seguro que xa vistes nalgunha ocasión.

Comparto algúns dos meus favoritos con vós. Espero que vos gusten! 🤗😍

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *