PR 8. Ruta de Entre Ambos-os-Rios à Ermida. Portugal.

Hoxe achégovos un percurso circular de pouco máis de 17 quilómetros que nos permite desfrutar dos lugares de Entre Ambos-os-Rios, Froufe, Lourido e Ermida. Tamén de variadas paisaxes coma a que nos ofrece a serra Amarela, os desfiladeiros da Ribeira da Cacerelha, con numerosas pozas onde refrescarnos, o miradoiro da Ermida, que nos permite facernos…

Ler máis

Gran ruta transfronteiriza Gerês- Xurés. Galicia.

Se onte vos deixaba cunhas fotiños da GR 50, que atravesa o maxestuoso parque nacional portugués, hoxe vouvos falar da parte galega que pecha o círculo ao longo do fermoso parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Cuns 120 quilómetros de lonxitude, este percorrido dividido en 6 etapas vai dende Tourém a Maus de Salas, de…

Ler máis

GR 50. Portugal.

Se fai uns días vos deixaba unha serie de suxerencias para refrescarvos no Peneda-Gerês, hoxe volto á carga cunha proposta máis ambiciosa. Esta gran ruta ten nada menos que uns 190 quilómetros de lonxitude, divididos en 19 etapas, que nos levan a descubrir infinitos tesouros agochados neste engaiolante parque nacional. Un incalculable patrimonio etnográfico, aldeas…

Ler máis

Vía Nova ou Vía XVIII. De Bracara Augusta a Asturica Augusta. Tramo entre Vide e Foncuberta. Galicia.

Con 14 quilómetros escasos de lonxitude, preséntovos este roteiro que camiña polas proximidades da antiga Vía Nova para ensinarnos aldeas tradicionais coma Vide, Xocín ou Foncuberta. Con atractivos coma as súas antigas edificacións, que reflexan á perfección a arquitectura tradicional galega, ermidas, hórreos, muíños, fornos e até un miliario con cruz e peto de ánimas,…

Ler máis

PR 8. Ruta de D. Nuno (versión reducida). Salto. Portugal.

Fai uns días que vos recomendaba encarecidamente a ruta da Floresta Encantada de Salto. E hoxe achégovos outros 16 quilómetros circulares que podedes unir co anterior roteiro completando así o “Trilho de D. Nuno”, cunha extensión total duns 24 quilómetros. É dicir, que se non queredes camiñar tanto ou non tedes tempo suficiente, tedes a…

Ler máis

PR 9. Trilho de Castelo de Monforte. Chaves. Portugal.

Este roteiro circular, duns 11 quilómetros de lonxitude, lévanos a coñecer a través de camiños en perfecto estado de conservación e con boa sinalización, aldeas coma a de Avelelas ou Sobreira. Aínda así, o claro atractivo do mesmo radica no fortificado castelo de Monforte, clasificado coma Monumento Nacional e datado de finais do século XIII…

Ler máis

PR-G 268 Ruta das Olas do Mao. Galicia.

Hoxe achégovos este roteiro circular duns 7 quilómetros de lonxitude polo Parque Natural do Xurés e con zona de baño incluída, para que non se diga! Entre os seus principais atractivos, alén das cativadoras paisaxes, temos a aldea de Puxedo, un conxunto de muíños ben conservados, tramos de pasarelas de madeira, curiosas formacións rochosas, numerosas…

Ler máis

PR 9 Ruta dos “Poços Verdes” ou das Sete Lagoas de Xertelo. Portugal.

Partindo da aldea de Xertelo e con pouco máis de 10 quilómetros de lonxitude, este roteiro conta con numerosos atractivos ao noso paso. Muíños, levadas de auga, un foxo do lobo de converxencia perfectamente conservado, impresionantes formacións rochosas coma a Surreira do Meio-dia e as idílicas pozas ou lagoas que forma durante o seu descenso…

Ler máis