Paredes do Rio. PR 4- Roteiro do Río. Montalegre. Portugal.

Como vos dicía cando vos falei desta ruta, as aldeas que atravesa teñen demasiada relevancia como para deixalas nunha simple mención. Aquí vos deixo unhas fotiños de Paredes do Rio, cunha gran riqueza de patrimonio arquitectónico e moi ben preservada.
A destacar o forno do pobo, os canastros, as súas eiras, o conxunto de muíños de auga e o batán. Tamén a súa igrexa, peto de ánimas, antigo lavadoiro e fonte. Como vedes, atractivos non lle faltan.
Espero que vos guste! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *