Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés

Como ben sabedes os que seguides os meus pasos, estou a unha etapa de finalizar un gran roteiro circular duns 300 quilómetros de lonxitude que atravesa o Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés (en Galicia) e o Parque Nacional Peneda- Gerês (en Portugal).
Pois ben, hoxe vou compartir con vós algunhas fotos do noso fermoso parque natural que espero sexan do voso agrado.
Cunha superficie de preto de 30000 hectáreas repartidas por terras dos concellos de Entrimo, Lobios, Muíños, Bande, Calvos de Randín e Lobeira, este parque natural constitúe o de maior extensión de toda Galicia.
Conta con unha orografía abrupta e fracturada, con extensos rochedos e marcadas pendentes sobre un substrato fundamentalmente granítico, así coma cuns valores naturais de gran riqueza e diversidade.
No entorno do parque natural destacan os importantes e numerosos lugares de especial interese polo seu valor arqueolóxico e etnográfico, dando conta dunha importante actividade humana dende o Paleolítico.
E con isto e un biscoito (imaxinario, iso sí), déixovos que desfrutedes dunha parte da terra que me roubou o corazón! ❤️
* a ubicación das fotografías aparece en cada unha delas 🤗

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *