Pasarelas do Canón do Mao. Ribeira Sacra. Galicia.

Partindo da Fábrica da Luz, poderemos iniciar este curto percorrido que acompaña as augas do Río Mao a través de pasarelas e escaleiras de madeira durante uns dous quilómetros. A partir de aquí, podemos optar por unha das seguintes opcións:
– Voltar polo mesmo camiño.
– Continuar pola beira do Mao ata Barxacova e voltar.
– Facer o roteiro PR-G 177 Ruta do Canón do Río Mao, de 16 quilómetros de lonxitude e non doada precisamente.
– Cruzar a ponte e continuar polo PR-G 224, Ruta da Teixeira, de 13,5 quilómetros de lonxitude. Desta aínda non podo opinar porque está entre as miñas pendentes.
Xa me contaredes en que quedou a cousa! Espero que vos guste a primeira parte! 🤗

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *