Este percorrido circular duns 4km de lonxitude, decorre ás beiras do encoro de Cachamuíña, pertencente ao concello de Pereiro de Aguiar pero moi próximo tamén á cidade de Ourense.
Conta con camiños ben acondicionados; algúns tramos de terra e outros con pasarelas de madeira. Ao longo do percurso, podemos atoparnos un parque infantil, un parque biosaudable e outro circuito de ximnasia máis adiante. Conta con varios bancos onde poder sentarse a disfrutar da tranquilidade e ver aos patiños nadar cara as beiras.
Non ten dificultade algunha, non presenta pendente e perderse é imposible
. Moi recomendable para ir como mínimo unha vez e, se sodes de preto, para visitalo con máis asiduidade. A min encántame ir comer de picnic aló!
Ten varias zonas de estacionamento para deixar o coche.











