Paseo do río Rato. Lugo. Galicia.

Á beira do río Rato atopamos un fermoso percorrido lineal de 4 quilómetros de lonxitude (8 ida e volta) que, como podedes ver, convence tanto a humanos coma a peludos 🤪.
Durante a nosa andaina pasaremos polo centro de interpretación “Terras do Miño”, ubicado nunha casa con muíño, coñecido antigamente coma o muíño do tendeiro ou de Eirexe, e datada do século XIX. O seu obxetivo é dar a coñecer o territorio, as costumes e o patrimonio cultural e natural que conforman a Reserva da Biosfera Terras do Miño.
Carballos centenarios, relaxantes caídas de auga, diferentes pontes e até unha fervenza son tan só algúns dos atractivos deste roteiro que espero que vos guste tanto coma a nós!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *