Pazo de Bouzas. Concello do Pereiro

Unha das construccións máis monumentais da ribeira do Miño, noutrora rodeado de viñedos que, xunto cunha importante actividade agropecuaria, conformarían a base económica dos seus moradores.
De estilo barroco e construído a mediados do século XVIII, aínda conserva un nobre escudo sobre a lumieira da porta.
Enfronte a este, ao outro lado da estrada, pode observarse no alto o que queda da antiga capela pertencente tamén ao pazo, aínda que de construcción máis tardía, ano 1836.
Á esquerda da capela, se seguimos uns metros a estrada veremos un roteiro marcado que sobe á dereita. Se nesa subida inicial, case ao principio da mesma, avanzamos monte a través un pequeno tramo, atoparemos a espectacular e maxestuosa bodega, aínda que de creación máis recente como se deixa ver no seu dintel, 1838. Accédese á mesma por unha escalinata e dentro podemos apreciar un formidable teito abovedado e unha parte das paredes están formadas por un penedo.
Aínda que o estado do pazo é realmente ruinoso agora mesmo, paga a pena visitalo e imaxinarse como era a vida aló anos atrás.
Animo a quen sepa algo máis sobre el que o expoña e espero que vos guste.
Existe unha ruta que pasa por diante do mesmo, o roteiro Sicenata- Castelo de Parada, de pouco máis de 8km e do que vos falarei tan pronto o leve a cabo, pero ahí o deixo por de vos queredes ir adiantando 😊

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *